arrow_back
 

¿Que é unha enquisa?

A enquisa é unha técnica de recollida de datos mediante a aplicación dun cuestionario a unha mostra de individuos. A través das enquisas pódense coñecer as opinións, as actitudes e os comportamentos dos cidadáns.

Nunha enquisa realízanse unha serie de preguntas sobre un ou varios temas a unha mostra de persoas seleccionadas seguindo unha serie de regras científicas que fan que esa mostra sexa, no seu conxunto, representativa da poboación xeral da que procede.