arrow_back
 

Acceso a Datos

O catálogo de enquisas do Banco de datos reúne a información de todas as enquisas e estudos cualitativos que o centro levou a cabo dende a súa creación. Todos os datos almacenados neste depósito son de acceso público.

Dende xaneiro de 2009, o Banco de datos ofrece gratuitamente a descarga dos ficheiros de microdatos dos estudos realizados polo centro durante os últimos anos. Traballamos para que todos os estudos estean dispoñibles para a súa descarga gratuíta proximamente.

O acceso en liña ao Banco de Datos permite consultar os case dous mil estudos que almacena dende a súa creación en 1963.

A través de distintos tipos de buscas pódese acceder á información dos estudos e a todos os produtos do banco de datos que son de distribución gratuíta. Os produtos aos que non se pode acceder a través do catálogo poden ser obtidos do Banco de datos empregando o seguinte impreso de solicitude

INFORMACIÓN

Correo electrónico: bancodedatos@cis.es
Teléfonos: 91 580 76 22 / 17
Fax: 91 580 76 19

Para consultar as condicións de uso visite:

http://www.cis.es/cis/opencms/GA/Avisolegal.html

Buscas de estudos

Produtos do banco de datos