Biografía de José María Maravall Herrero

[Ir ao Descrición autobiográfica]

José María Maravall Herrero
  • Nacido en Madrid, no ano 1942.
  • Director do Centro de Estudos Avanzados en Ciencias Sociais do Instituto Juan March en España.
  • Catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
  • Honorary Fellow do St. Antony's College na Universidade de Oxford (1984) e Fellow da British Academy (FBA) (2002).
  • Doutorado polas Universidades de Madrid (1969) e Oxford (1975), así como un D. Litt. (Hons.) pola Universidade de Warwick (1985).
  • Dende 1973, e en repetidas ocasións, foi Research Fellow no St. Antonys College en Oxford; Senior Lecturer na Universidade de Warwick; Catedrático Visitante no Departamento de Ciencia Política da Universidade de Nova York; Catedrático Visitante no Center for European Studies da Universidade de Harvard; Catedrático Visitante no Departamento de Ciencia Política da Universidade de Columbia; e impartiu clases na Jean Monnet Chair no European University Institute de Florencia.
  • De 1982 a 1988 foi Ministro de Educación e Ciencia de España.
  • Entre outras publicacións escribiu: Dictadura y Disentimiento Político (1978), La Política de la Transición (1982), Las Reformas Económicas en las Nuevas Democracias (con L.C. Bresser e A. Przeworski) (1993); Los Resultados de la Democracia (1995), Regimes, Politics, and Markets (1997), Democracy and the Rule of Law (con A. Przeworski) (2003), El Control de los Políticos (2003), e Controlling Governments (con I. Sánchez-Cuenca)(2007). Así mesmo publicou en revistas de socioloxía e ciencia política de Gran Bretaña, os Estados Unidos, Francia, Italia e outros países.
  • Posúe as Grandes Cruces de Carlos III (1989) e de Afonso X O Sabio (1995), e é Chevalier des Palmes Academiques (Francia)(1985).
arrow_back