Premio Nacional de Sociología y Ciencia Política 2004

Descrición autobiográfica de D. Juan José Linz Storch de Gracia
por 

Juan José Linz Storch de Gracia

Juan José Linz Storch de Gracia, nado en 1926 en Bonn, é Catedrático emérito da Universidade de Yale, tendo desenvolvido en Estados Unidos boa parte da súa carreira académica.

Licenciouse, con premio extraordinario, en Ciencias Políticas (1947) e en Dereito (1948) pola Universidade Complutense de Madrid. Obtivo o grao de Doutor en Socioloxía na Universidade neoiorquina de Columbia (1959) cunha tese sobre "The Social Basis of Political Parties in West Germany".

Ensinou na Universidade Complutense de Madrid dende 1947, para pasar á Universidade de Columbia en 1960 e á de Yale en 1968, ata a súa xubilación. Ao mesmo tempo, ensinou na Escola de Organización Industrial de Madrid (1959), na Universidade de Stanford (1966), na Autónoma de Madrid (1968), no European University Institute de Florencia (1979), Max Weber Visiting Profesor na Universidade de Heidelberg (1983), no Institut des Sciences Politiques de París (1994), Eric Voegling Visiting Profesor na Umboldt Universität de Berlín (1997).

Pronunciou conferencias e participou en seminarios en Universidades de todo o mundo e na maior parte das españolas, sendo nomeado Doutor Honoris Causa en 1976 pola Universidade de Granada, en 1992 polas Universidades Philipps-Universitát zu Marburg, a Universidade Autónoma de Madrid e a Georgetown University, en 2000 pola Universidade de Oslo e en 2002 pola Universidade do País Vasco.

Entre as súas actividades científicas e asociativas salientan as seguintes: Presidente da World Association of Public Opinión Research, 1974-76. Presidente do Council for European Studies no bienio 1973-74, do que forma parte dende a súa fundación. Membro do Comité Executivo da Internacional Sociological Association (1974-1982) e do seu Comité Científico (1974-78). Presidente do Comité da Investigación en Socioloxía Política da ISA e a IPSA (1971-1979), do que foi membro fundador en 1960.

É membro de honor de numerosas asociacións españolas e estranxeiras inmersas no ámbito da Socioloxía e a Ciencia Política. É membro da American Academy of Arts and Sciencies dende 1976. En 1982 concédeselle o Premio Europa en Fiuggi (Italia); en 1986 obtén a Encomenda da Orde de Isabel a Católica e no ano seguinte, 1987, é galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais.

Publicou un importante número de libros e monografías científicas, así como un conxunto de artigos en libros e nas revistas científicas de maior prestixio internacional no ámbito da Socioloxía e a Ciencia Política.

arrow_back