Biografía de Manuel Castells

[Ir ao Descrición autobiográfica]

Manuel Castells
  • Nacido en Hellín (Albacete) en 1942.
  • Profesor de investigación da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) en Barcelona.
  • Catedrático Emérito de socioloxía e Catedrático Emérito de planificación urbana e rexional da University of California, Berkeley, onde impartiu clases durante 24 anos.
  • Catedrático Titular da Cátedra Wallis Annenberg de Tecnoloxía de Comunicación e Sociedade na University of Southern California nos Ánxeles.
  • Profesor Visitante Distinguido de Tecnoloxía e Sociedade, titular da Cátedra Marvin e Joanne Grossman no Massachussets Institute of Technology e Profesor Visitante Distinguido de Estudos de Internet na Oxford University.
  • Profesor de Socioloxía da École des Hautes Études en Sciencies Sociales (1967-1979).
  • Catedrático e Director do Instituto de Socioloxía de Novas Tecnoloxías da Universidade Autónoma de Madrid (1988-1993).
  • Profesor de Investigación no Consello Superior de Investigacións Científicas en Barcelona (1997) e Catedrático de Socioloxía e de Planificación Urbana e Rexional na University of California, Berkeley (1979-2003).
  • Profesor Visitante en 15 universidades arredor do mundo e conferenciante invitado en centenares de institucións académicas e profesionais en 43 países.
  • Autor de 19 libros entre os cales a triloxía "La era de la información: cultura, economía y sociedad" foi publicada en 23 idiomas. Tamén é coautor e editor de 22 libros.
  • Recibiu, entre outras distincións, a Guggenheim Fellowship, o premio C. Wright Mills da Sociedade Americana para o Estudo dos Problemas Sociais; o premio Robert and Helen Lynd Award da Asociación Americana de Socioloxía; o premio Ithiel Sola Pool da Asociación Americana de Ciencias Políticas; a medalla Narcís Monturiol de Catalunya; a Orde Gabriela Mistral de Chile, a Orde de Santiago do Presidente de Portugal e a Creu de Sant Jordi de Catalunya. É doutor honoris causa por 12 universidades. Así mesmo, é profesor honorario e recibiu medallas de honra de diferentes universidades.
  • Membro da Academia Europea, da Academia Británica e Académico Numerario da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras.
  • Entre outros nomeamentos distinguidos, foi asesor en Tecnoloxía da Información e en Sociedade Civil Global do Secretario Xeral de Nacións Unidas. En 2005 foi designado pola Comisión Europea membro fundador do Consello Científico do Consello Europeo de Investigación.
arrow_back