Premio Nacional de Sociología y Ciencia Política 2008

Descrición autobiográfica de D. Manuel Castells
por 

Manuel Castells

Nacido en España en 1942.

Profesor de investigación da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) en Barcelona. É tamén Catedrático Emérito de socioloxía e Catedrático Emérito de planificación urbana e rexional da University of California, Berkeley, onde impartiu clases durante 24 anos. Catedrático Titular da Cátedra Wallis Annenberg de Tecnoloxía de Comunicación e Sociedade na University of Southern California nos Ánxeles. Profesor Visitante Distinguido de Tecnoloxía e Sociedade, titular da Cátedra Marvin e Joanne Grossman no Massachussets Institute of Technology e Profesor Visitante Distinguido de Estudos de Internet na Oxford University.

Anteriormente, foi Profesor de Socioloxía da École des Hautes Études en Sciencies Sociales (1967-1979), Catedrático e Director do Instituto de Socioloxía de Novas Tecnoloxías da Universidade Autónoma de Madrid (1988-1993), Profesor de Investigación no Consello Superior de Investigacións Científicas en Barcelona (1997) e Catedrático de Socioloxía e de Planificación Urbana e Rexional na University of California, Berkeley (1979-2003).

Foi Profesor Visitante en 15 universidades arredor do mundo e conferenciante invitado en centenares de institucións académicas e profesionais en 43 países. É autor de 19 libros entre os cales a triloxía "La era de la información: cultura, economía y sociedad" foi publicada en 23 idiomas. Tamén é coautor e editor de 22 libros. Recibiu, entre outras distincións, a Guggenheim Fellowship, o premio C. Wright Mills da Sociedade Americana para o Estudo dos Problemas Sociais; o premio Robert and Helen Lynd Award da Asociación Americana de Socioloxía; o premio Ithiel Sola Pool da Asociación Americana de Ciencias Políticas; a medalla Narcís Monturiol de Catalunya; a Orde Gabriela Mistral de Chile, a Orde de Santiago do Presidente de Portugal e a Creu de Sant Jordi de Catalunya. É doutor honoris causa por 12 universidades. Así mesmo, é profesor honorario e recibiu medallas de honra de diferentes universidades.

É membro da Academia Europea, da Academia Británica e Académico Numerario da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras.

Entre outros nomeamentos distinguidos, foi asesor en Tecnoloxía da Información e en Sociedade Civil Global do Secretario Xeral de Nacións Unidas. En 2005 foi designado pola Comisión Europea membro fundador do Consello Científico do Consello Europeo de Investigación.

arrow_back