Departamento de Banco de datos

O Banco de datos é o departamento encargado da custodia de todas as investigacións realizadas polo CIS, así como da súa posta a disposición dos usuarios, cuxas peticións atende. É tamén función deste departamento a creación e mantemento das bases de datos do Centro e toda a xestión informática do mesmo.

Todas as investigacións realizadas polo Centro de Investigaciones Sociológicas dende a súa creación están depositadas, sen excepción, no seu Banco de datos a disposición de quen as solicite, xa sexa persoa natural ou xurídica, pública ou privada. A lexislación vixente garante a igualdade de acceso aos datos para todos os cidadáns.

O Banco de datos é o encargado das tarefas de verificación, depuración, anonimización, catalogación e carga informática dos datos, ademais da elaboración dos produtos de difusión nos prazos que fixa a lexislación vixente.

Os produtos que se ofrecen deseñáronse para atender a distintos tipos de usuarios. Así, pódense obter dende simples táboas de frecuencias a ficheiros de microdatos brutos, co fin de poder realizar a análise que sexa do interese do usuario.

O Catálogo do Banco de datos é a ferramenta básica para o coñecemento do contido da produción do CIS. Este catálogo compleméntase cunha poderosa ferramenta de busca para poder localizar a información que interese ao usuario. Trátase dunha base de datos documental que almacena todas as enquisas realizadas e que permite unha busca por palabras clave ou en texto libre, sendo a unidade de recuperación a pregunta. Nesta base de datos están almacenadas máis de 1800 enquisas, que inclúen máis de 110.000 preguntas.

Dende xaneiro de 2009, o Banco de datos ofrece gratuitamente a través das páxinas do CIS acceso aos ficheiros de microdatos dos estudos realizados polo centro. Isto permitiu incrementar a difusión desta información, pasando duns 300 ficheiros servidos durante todo o ano 2008 a 6300 descargados dende Internet durante 2009.
 

Persoal

Nomeamento: 12 de julio de 2018
arrow_back