Premio Nacional de Edición Universitaria á colección Cuadernos Metodológicos

Logotipo da UNE

XIII Premios Nacionais de Edición Universitaria

Un xurado independente selecciona os mellores libros universitarios editados en 2009

O xurado estivo integrado polos seguintes persoeiros:

  • Rogelio Blanco, director xeral de Libro, Archivos y Bibliotecas
  • Magdalena Vinent, directora xeral de CEDRO
  • Francisco Moreno, director académico do Instituto Cervantes
  • Antonio Maria Ávila, director executivo da Federación del Gremio de Editores de España
  • Blanca Berasategui, directora de El Cultural (El Mundo)
  • Laura Revuelta, redactora xefe do ABCD as Artes e as Letras (ABC)
  • Winston Manrique, responsable de libros de Babelia (El País)

As obras seleccionadas, entre o centenar de títulos que concorreron a esta convocatoria, foron as seguintes:

    Pioneros del Graffiti en España (Universitat Politècnica de València). Premio á obra mellor editada. O xurado resaltou "o deseño moderno e atrevido, moi axeitado ao contido, que presenta esta obra de gran solidez documental e novidade temática".

    Antonio de Guevara y Europa (Ediciones Universidad de Salamanca). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Humanas e Sociais. Segundo o xurado, "trátase dun traballo exhaustivo sobre este autor español do Renacemento cuxa obra influíu enormemente tanto no pensamento español coma no europeo".

    Captura y almacenamiento de CO2. Criterios y metodología para evaluar la idoneidad de una estructura geológica como almacén de CO2 (Universidade de Huelva). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Experimentais e de Tecnoloxías. O xurado considerouna "unha interesante achega aos estudos ambientais". "Ante o desenvolvemento económico e o continuo consumo de combustibles fósiles, coa consecuente acumulación de CO2, a preocupación polo cambio climático vai en aumento. Este libro aborda un tema de grande actualidade e mostra un percorrido polos diferentes modelos tecnolóxicos que axudarían a reducir as emisións de CO2", engade.

    Tuberculosis. Historia de su conocimiento (Universidade de Oviedo). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias da Saúde. A xuízo do xurado, este tema "necesitaba unha revisión histórica, levada a cabo, neste caso, por un especialista de experiencia contrastada. Saliéntase o rigor na investigación da historia da medicina".

    Suna e Xara. La ley de los mudéjares valencianos (siglos XIII-XV) (Universitat Jaume I). Premio á mellor monografía nas áreas de Ciencias Xurídicas e Económicas. O xurado estimou que esta obra "estuda un ámbito xurídico non habitual nas investigacións recentes" e que fai unha achega "importante á historia do dereito, dada a longa e destacada permanencia que tiveron os mudéxares no antigo Reino de Valencia". Así mesmo, salientou "a súa excelente edición, o seu rigor e o seu rico acompañamento gráfico".

    Cuadernos Metodológicos (Centro de Investigaciones Sociológicas). Premio á mellor colección por considerala a "colección máis importante de metodoloxía sociolóxica no mundo hispánico". "A solvencia dos autores e a extensa relación de títulos publicados convertérona nunha colección de referencia na formación de sociólogos no ámbito hispánico", engade.

    Diálogo de doctrina cristiana (Biblioteca de Autores Cristianos e Universidade Nacional de Educación a distancia). Premio á mellor coedición cunha editorial privada. O xurado seleccionou esta obra, que "supón a recuperación dun gran texto, obra clave da dialogística española e un clásico no estudo do cristianismo en Europa". "A solidez na formación histórica, filosófica e teolóxica dos autores do traballo garante un aparato crítico rigoroso e detallado", engade.

    Historia de las plantas en el mundo antiguo (Universidade de Deusto e Consejo Superior de Investigaciones Científicas). Premio á mellor coedición interuniversitaria, que supón un magnífico exemplo de colaboración entre un centro universitario e outro de investigación e difunde entre o grande público, a través da imaxe e o texto, nunha fermosa e coidada presentación, a utilización das plantas no mundo antigo e o seu impacto na literatura da época," sinala o xurado.

    El Cantar de los Cantares en el humanismo español (Universidade de Huelva). Premio á mellor tradución "por ser unha obra que supuxo un grande esforzo de tradución dende o hebreo medieval, especialmente no tratamento das fontes que influíron no Cantar dos Cantares, e a acertada integración destas no estudo monográfico,".

O xurado declarou deserto o premio á mellor edición dixital e multimedia e manifestou "a súa preocupación pola ausencia de publicacións que presenten materiais nos que se utilicen de forma máis creativa os diversos recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación poñen agora mesmo ao noso alcance", lese na acta.

www.une.es; prensa@une.es; 91 381 61 31; 654 99 18 62

arrow_back