O CIS presenta “ESPAÑA 2015. Situación social“

Madrid, 25 de novembro.- O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) presentou a obra "ESPAÑA 2015. SITUACIÓN SOCIAL", unha análise exhaustiva da estrutura e situación social española, que conta coa participación de 160 profesores e investigadores, pertencentes a diferentes xeracións de sociólogos, e constitúe unha auténtica fotografía da realidade social do noso país.

O acto tivo lugar o 24 de novembro, no pazo Zurbano de Madrid, e contou coa presenza de Cristóbal Torres Albero, catedrático de Socioloxía da Universidade Autónoma de Madrid; Juan Díez Nicolás catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense; M.ª Ángeles Durán, catedrática de Socioloxía e profesora de Investigación no CSIC, e Enrique Gil Calvo, catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense, ademais do presidente do CIS, Félix Requena.

El CIS presenta 'España 2015. Situación social' El CIS presenta 'España 2015. Situación social'
arrow_back