PNS

Inés Alberdi recibe o Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2019

  • A catedrática de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid é pioneira en estudos relativos á Socioloxía de Xénero e da Familia Madrid,

4 de decembro de 2019. A catedrática de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid Inés Alberdi recibiu o Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2019 despois dunha traxectoria profesional de máis de 40 anos.

Alberdi é pioneira na Socioloxía de Xénero en España e liderou proxectos asociados a diferentes temas, como “Familia e Traballo”, "Malos tratos na familia en España", "A transición das Mulleres. Historia do feminismo nos anos setenta", "Situación social das viúvas" ou "O impacto do Divorcio na Familia española".

Exerceu comodirectora executiva de UNIFEM, Fondo de Desarrollo de Naciones Unidas para la Mujer, durante o período de 2008-2011 en Nova York. Tamén foi directora de investigación do Centro de Investigaciones Sociológicas (1991-1993).

É autora de 20 libros e colaborou en moitas publicacións pioneiras na súa área de especialización que foron obxecto de referencias, reedicións e reproducións por diversos medios.

Tamén foi investigadora na George Washington University en Estados Unidos, onde traballou nun programa sobre ‘Muller e políticas públicas’ (1988-1989), e profesora invitada no Departamento de Socioloxía de Georgetown University, Estados Unidos. (1978-1980)

Colaborou co Ministerio de Xustiza para a preparación e elaboración da Reforma do Código Civil sobre Familia e Divorcio durante 1981, e formou parte do Consello de Dirección do Instituto Internacional para el Avance y la Capacitación de las Mujeres, INSTRAW, de Nacións Unidas (1986-1989).

Como recoñecemento público á súa contribución recibiu os seguintes premios e galardóns: membro Ad Honorem da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas 2017; Encomenda de Número da Orde de Isabel a Católica, outorgada polo rei de España en 2012; Premio Rosa Manzano 2012; Premio Asociación de Antigos Alumnos da Universidad Complutense 2010 e Medalla de Prata da Cidade de México en 2008.

O xurado deste premio estivo formado polo presidente do CIS, o catedrático de Socioloxía José Félix Tezanos; polo catedrático de Socioloxía da Universidad Rey Juan Carlos, Alfonso de Esteban Alonso; a decana da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid, Esther del Campo García; a catedrática de Ciencia Política da Universidad Nacional de Educación a Distancia, Irene Delgado Sotillos; a catedrática de Socioloxía María Ángeles Durán Heras; a catedrática de Socioloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia, María Rosario H. Sánchez Morales; a catedrática de Socioloxía da Universidad Carlos III de Madrid, Constanza Tobío Soler, e a profesora titular de Socioloxía da Universidad Complutense, María José Mateo Rivas.

Para calquera consulta, o teléfono de comunicación é 91 580 76 25.

 

arrow_back