Atrás

O CIS pon en marcha a súa nova plataforma para a análise online dos datos dos estudos con cruzamentos e gráficos.

Madrid, 02 xuño 2014

Noticia


A nova plataforma online do CIS permite a análise de resultados de forma doada, mediante a realización de cruzamentos interactivos e o axuste de opcións de visualización de táboas e gráficos, permitindo ademais exportar os resultados a Excel e PDF.

Os criterios para a busca de estudos amplíanse, permitindo escoller por ano, por texto libre, ou usar unha busca avanzada por multitude de campos. Tamén se pode buscar por preguntas, por texto libre ou por busca avanzada. Finalmente, pódese buscar por series.

A consulta de resultados está ademais enlazada coa consulta de series temporais de tal forma que pode accederse directamente á serie ou series nas que participa unha pregunta para a súa consulta e descarga da gráfica temporal en Excel e PDF.

Permite a descarga de todos os ficheiros asociados a un estudo, como os microdatos.

A plataforma de análise online é sinxela e intuitiva, polo que non necesita instrucións para o seu uso.

Para calquera dúbida, suxestión ou problema, pode escribir a BancoDeDatos@CIS.ES

A continuación mostramos o gráfico dunha pregunta cruzada por unha variable e o gráfico dunha serie.

Ejemplo Grafico 1 Ejemplo Grafico 2

Pulse aquí para acceder á nova plataforma online de análises dos datos de estudos do CIS

WWW.Analisis.CIS.ES

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)