Atrás

O CIS presenta “ESPAÑA 2015. Situación social“

O CIS PRESENTA “ESPAÑA 2015. SITUACIÓN SOCIAL“

Madrid, 25 de novembro.- O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) presentou a obra "ESPAÑA 2015. SITUACIÓN SOCIAL", unha análise exhaustiva da estrutura e situación social española, que conta coa participación de 160 profesores e investigadores, pertencentes a diferentes xeracións de sociólogos, e constitúe unha auténtica fotografía da realidade social do noso país.

O acto tivo lugar o 24 de novembro, no pazo Zurbano de Madrid, e contou coa presenza de Cristóbal Torres Albero, catedrático de Socioloxía da Universidade Autónoma de Madrid; Juan Díez Nicolás catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense; M.ª Ángeles Durán, catedrática de Socioloxía e profesora de Investigación no CSIC, e Enrique Gil Calvo, catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense, ademais do presidente do CIS, Félix Requena.

Imágenes