Atrás

Nova páxina WEB do Centro de Investigacións Sociolóxicas

Madrid, 23 febreiro 2011

Página Web

Nos últimos meses o CIS traballou na renovación da súa presenza en Internet, para ofrecer unha canle actualizada, tanto en imaxe como en servizos: www.cis.es

Este esforzo realizouse non só para mellorar o deseño, senón, sobre todo, para facilitar o acceso á nosa información, para o que se revisou a arquitectura de contidos.

Mellorouse a descarga de microdatos (14.000 entre 2009 e 2010), empregados principalmente polos investigadores sociais, permitíndolles rexistrarse no portal para acceder aos datos cun único rexistro, evitando operacións repetidas.

O Centro de Investigacións Sociolóxicas realiza un importante labor editorial, que pretendemos achegar aos nosos usuarios, posibilitando que adquiran as nosas publicacións dende a propia páxina web (La Librería http://libreria.cis.es/ ). Esta iniciativa dá continuidade a outras iniciativas, como a impresión baixo demanda e as edicións en formatos específicos para libros electrónicos, xa en marcha dende hai uns meses.

Tamén se introduciron recursos multimedia na área de prensa, para facilitar o traballo dos medios, e reordenaron a información para un mellor acceso aos arquivos. Ademais, nesta nova páxina pódense consultar as memorias anuais do centro dende 1999, así como as comparecencias dos presidentes do CIS ante as Comisións Parlamentarias dende 1995.

Esta información puede ser usada en parte o en su integridad sin necesidad de citar fuentes.

C/ Montalbán, 8
28014 Madrid
Email: comunicacion@cis.es
Tlf.: 91.580.76.25
Fax: 91.531.81.31

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)