O Catálogo do Banco de datos reúne a información de todas as enquisas e estudos cualitativos que o Centro levou a cabo dende a súa creación. A través de distintos tipos de buscas pódese acceder á información dos estudos e a todos os produtos de distribución gratuíta do banco de datos.
Dende xaneiro de 2009, o Banco de datos ofrece gratuitamente a descarga dos ficheiros de microdatos dos estudos realizados polo centro durante os últimos anos. Traballamos para que todos os estudos estean dispoñibles para a súa descarga gratuíta proximamente.
O acceso en liña ao Banco de Datos permite consultar máis de 2.000 estudos que almacena dende a súa creación en 1963.
As distribucións de frecuencias marxinais unidimensionais, os cruzamentos con algunhas variables políticas e sociodemográficas, e as matrices de datos, esta información é doadamente accesible para os estudos do CIS a través dunha aplicación de consulta que inclúe o presente catálogo de enquisas dentro dun amplo servizo de busca en liña de estudos, preguntas e series.
A través do catálogo tamén é posible acceder aos ficheiros de microdatos que están dispoñibles para a súa descarga gratuíta.
Correo electrónico: bancodedatos@cis.es
Teléfonos: 91 580 76 22 / 17
Fax: 91 580 76 19
Para consultar as condicións de uso visite: