PRESENTACION

PRESENTACION

  PRESENTACION

      O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ten como principal función o estudo das actitudes e os comportamentos da sociedade española, así como a medición da súa estabilidade e cambio co paso do tempo. Este anuario forma parte dunha serie iniciada en 2012 que recolle, de maneira sintética, os resultados dos barómetros de opinión mensuais realizados, mediante a aplicación de enquisas persoais, no ano 2019. Nel preséntanse preguntas de especial relevancia, algunhas das cales repítense mensualmente, mentres que outras responden ao carácter monográfico de cada unha das sondaxes. Con isto preténdese trasladar ao público, dunha maneira máis visual e próxima, unha selección dos datos xerados anualmente por esta institución.

      O presente volume consta dun primeiro apartado dedicado a unha descrición detallada da metodoloxía empregada ao longo deste documento, dez capítulos temáticos e tres anexos coas fichas técnicas dos barómetros utilizados para este anuario, as preguntas seleccionadas para as táboas, e a distribución de frecuencias das variables explicativas. Os dous primeiros capítulos teñen carácter lonxitudinal, e recollen as percepcións sobre a situación económica e política, e a valoración do goberno e a oposición. Seguen oito capítulos monográficos, nos que se abordan temas como actualidade política (orzamentos xerais, igualdade de xénero, despoboamento), elección ao Parlamento español do 28 de abril, dereito á vivenda, administración de xustiza, debate de investidura, decisión de voto e barómetro postelectoral (respecto ás elección xerais de novembro de 2019), e opinión sobre política fiscal.
     
     As táboas presentadas permiten entender que tipo de persoas entrevistadas son máis propensas a albergar cada una das opinións recollidas nas enquisas, segundo unha selección de características. Entre elas cóntanse trazos sociodemográficos como o sexo, a idade, os estudos realizados, a situación laboral, o estado civil ou o status socioeconómico, pero tamén outros como o tamaño do municipio onde reside, a ideoloxía, o recordo de voto e a práctica relixiosa. Deste modo, ademais de presentar, de maneira xeral a opinión ou, no seu caso, o comportamento das persoas entrevistadas, este anuario ofrece a posibilidade de detallar as opinións e os comportamentos para grupos concretos.
     
     As bases de datos utilizadas para a creación deste anuario, así como todas as enquisas, series e preguntas realizadas polo CIS desde 1999, están dispoñibles na súa páxina web (www.cis.es) para ser consultadas ou descargadas gratuitamente.
 
Madrid, 30 de abril de 2021
 
arrow_back