[Ir ao Descrición autobiográfica]
Constanza Tobío naceu en Montevideo (Uruguai) en 1954, onde vivían os seus pais, exiliados da Guerra Civil española. Pertence á primeira xeración de licenciados en Ciencia e Socioloxía da Universidade Complutense, estudos que rematou en 1977. En 1987 obtivo o Grao de Doutora cunha tese sobre a reestruturación socioeconómica do espazo metropolitano madrileño durante o período 1970-85, baixo a dirección de Manuel Castells.
En 2005, obtivo a Habilitación de Socioloxía e un ano despois a cátedra na Universidade Carlos III de Madrid. Foi directora de Departamento e Vicedecana de Socioloxía nesa universidade, así como Directora do Máster en Cultura Política Europea Contemporánea (Euromáster) e do Máster en Relacións Transatlánticas (TAM) organizados coas universidades de Bath, Siena, Humboldt, Frei, Sciences Po, Washington (UW) e Carolina do Norte (UNC-Chapel Hill). Como profesora ou investigadora visitante realizou estancias nas universidades de Bath, La Sapienza, Siena, Florencia, Padua e Montevideo así como no Centre d’Etudes de l’Emploi del CNRS de París.
Os seus temas principais de investigación son a socioloxía urbana, o xénero, a monoparentalidade, as relacións interxeneracionais, as políticas sociais, a conciliación familia-emprego e o coidado. Traballa así mesmo na recuperación da aportación de sociólogas olvidades polo canon dominante como Harriet Martineau ou Mirra Komarovski. Foi membro de diversas redes de investigación europea, entre outras a TSER “Working and Mothering” (coas universidades de Frankfurt, Lund, Florencia, Oslo e London School of Economcs) ou RTN “Grandparenthood and Intergenerational Relationships” (CNAV-París, Goldsmiths College, Oslo, Atenas) onde colaborou con Jane Lewis, Claudine Attias-Donfut ou Ute Gerhard, entre outras sociólogas. Pertenceu ao Comité Executivo da Asociación Europea de Socioloxía, así como ao Comité Editorial da súa revista, European Societies. É membro do Consello Asesor do C.I.S. e dos Consellos Editoriais da Colección Clásicos da Socioloxía e da R.E.I.S., ademais dos de outras revistas científicas como amily Science, International Journal of Iberian Studies, Rétraite et Societé o Política y Sociedad. Ten preto de 200 publicacións, incluíndo libros, artigos ou capítulos de libro. Destacan entre eles Madres que trabajan: dilemas y estrategias(obtivo o Accésit do Premio Angeles Durán),El cuidado de las personas: un reto para el siglo XXI y La mirada de género en Sociología.