Director do Centro de Estudos Avanzados en Ciencias Sociais do Instituto Juan March en España.
Catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.
Honorary Fellow do St. Antony's College na Universidade de Oxford (1984) e Fellow da British Academy (FBA) (2002).
Doutorado polas Universidades de Madrid (1969) e Oxford (1975), así como un D. Litt. (Hons.) pola Universidade de Warwick (1985).
Dende 1973, e en repetidas ocasións, foi Research Fellow no St. Antonys College en Oxford; Senior Lecturer na Universidade de Warwick; Catedrático Visitante no Departamento de Ciencia Política da Universidade de Nova York; Catedrático Visitante no Center for European Studies da Universidade de Harvard; Catedrático Visitante no Departamento de Ciencia Política da Universidade de Columbia; e impartiu clases na Jean Monnet Chair no European University Institute de Florencia.
De 1982 a 1988 foi Ministro de Educación e Ciencia de España.
Entre outras publicacións escribiu: Dictadura y Disentimiento Político (1978), La Política de la Transición (1982), Las Reformas Económicas en las Nuevas Democracias (con L.C. Bresser e A. Przeworski) (1993); Los Resultados de la Democracia (1995), Regimes, Politics, and Markets (1997), Democracy and the Rule of Law (con A. Przeworski) (2003), El Control de los Políticos (2003), e Controlling Governments (con I. Sánchez-Cuenca)(2007). Así mesmo publicou en revistas de socioloxía e ciencia política de Gran Bretaña, os Estados Unidos, Francia, Italia e outros países.
Posúe as Grandes Cruces de Carlos III (1989) e de Afonso X O Sabio (1995), e é Chevalier des Palmes Academiques (Francia)(1985).