Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid en 1954.
Estudos de posgrao na Universidade de Chicago de 1955 a 1957.
Doutorado en Ciencias Políticas en 1959 coa Tese “A familia española en transición”, con Premio Extraordinario.
Encargado da Cátedra de Socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas de Madrid en 1960.
Catedrático de Socioloxía da Facultade de Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais na Universidade de Barcelona en 1962.
Catedrático de Socioloxía na Universidade Complutense en 1967.
Decano da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía entre 1977 e 1980.
Director do Departamento de Estrutura Social dende 1971 ata 1999.
Colaborador en Nacións Unidas en asuntos relacionados cos estudos de poboación en distintos cargos.
Principal impulsor e fundador do Instituto da Opinión Pública (hoxe CIS), do que foi nomeado Conselleiro Delegado en 1963 e Director dende 1967 ata 1971.
Académico Numerario na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas en 1980, e Secretario en 1985.