Biografía de Salvador Giner de San Julián

[Ir ao Descrición autobiográfica]

Salvador Giner de San Julián
  • Nado en Barcelona o 10 de febreiro de 1934.
  • Presidente do Institut d'Estudis Catalans dende o ano 2005.
  • Catedrático emérito de Socioloxía da Universitat de Barcelona. Creu de Sant Jordi de la Generalitat de Catalunya (1995).
  • Licenciado (MA) e doutor (PHD) en socioloxía pola Universidade de Chicago.
  • Licenciado en dereito pola Universitat de Barcelona e doutor pola Universitat Autònoma de Barcelona. Estudos de posgrao na Universidade de Colonia.
  • Catedrático e xefe do Departamento de Socioloxía (do 1987 ao 1991) da Universitat de Barcelona.
  • Director fundador do Institut d'Estudis Socials Avançats, dende 1988 ata 1999 (Barcelona, Madrid e Córdoba).
  • Catedrático visitante da Universidade de Yale (1980-1981) e do King's College (Cambridge, 1964-1965).
  • Profesor das universidades de Puerto Rico, Reading, Lancaster e Brunel West London (na última, catedrático e xefe do Departamento de Antropoloxía e Socioloxía, 1979-1987).
  • Profesor de ciencias sociais e coordinador desta Sección na Universitat Catalana d'Estiu, en Prada de Conflent, dende 1969 ata o 1976.
  • Profesor invitado nas universidades de Roma (1994) e Autónoma Metropolitana de México (1994) e profesor invitado e doutor honoris causa pola Universidade de Valencia (Venezuela, 2000 e 2005).
  • Catedrático asociado da Universitat Pompeu Fabra (1990-1996).
  • Director do curso de posgrao Teoría social moderna: economía, ética, política, UPF-IDEC (1996-1998).
  • Director da Enquisa Metropolitana da Rexión de Barcelona (2000-2003).
  • Membro fundador e presidente da Associació Catalana de Sociologia (1979), sociedade filial do Institut d'Estudis Catalans.
  • Cofundador, presidente e vicepresidente (1979-1987) da Federación de Asociacións de Socioloxía do Estado Español (1987-1991).
  • Membro do Comité Executivo da Asociación Internacional de Socioloxía (1983-1990).
  • Presidente do Comité Organizador do Congreso Mundial de Socioloxía en 1990 e da primeira Conferencia Europea de Ciencias Sociais, en Viena, en 1991.
  • Presidente do Comité de Ciencias Sociais para a Reforma do Plan de Estudos.
  • Membro do Comité do Human Capital and Mobility Programme, Comunidade Europea, dende 1992.
  • Membro do Comité Científico do Premio Europeo Amalfi per la Sociologia e le Scienze Sociali (1988-2006).
  • Membro do Comité Científico do Congreso Europeo de Ciencias Sociais, Unión Europea, Bruxas (Bélxica) 2001.
  • Membro do Institut d'Estudis Catalans (dende 1995), vicepresidente (2003), presidente en funcións (febreiro-maio do 2005) e presidente (dende 2005).
  • Editor da Revista Internacional de Socioloxía (1991-2004); director asociado de International Sociology (1987-1990) e membro do Consello de Redacción de Sociology (1982-1986) e do European Journal of Social Theory (dende 1996).
  • Membro do Consello Editorial de El Ciervo e de Journal of Classical Sociology.
arrow_back