O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) é un organismo público que ten como obxectivo principal o estudo da sociedade española, labor que vén desenvolvendo dende 1976.
Leva a cabo esta tarefa fundamentalmente a través da realización de enquisas nas que se pregunta á xente a súa opinión sobre temas diversos da actualidade socioeconómica e política (sanidade, educación, inmigración, entre outros).
As actividades do CIS desenvólvense a través da seguinte estrutura orgánica:
Como órgano consultivo do Centro actúa o Consello Asesor.
O CIS conta cun cadro de persoal de aproximadamente 100 persoas -funcionarios e contratados laborais-, contabilizando tanto persoal técnico como administrativo e subalterno.