Entrega I Premio o mellor artigo publicado na REIS

O CIS entrega o I Premio REIS a un artigo sobre a complexidade de medir o racismo mediante enquisas

Foto 1. Acto da entrega do premio. Picar para ampliar a foto Foto 2 Acto da entrega do premio. Picar para ampliar a foto. Foto 3 Acto da entrega do premio. Picar para ampliar a foto. Foto 4 Acto da entrega do premio. Picar para ampliar a foto.

A presidenta do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), Belén Barreiro Pérez-Pardo, presidiu o acto de entrega do I Premio ao mellor artigo publicado na Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS), concedido a Mª Ángeles Cea D'Ancona polo seu artigo "La compleja detección del racismo y la xenofobia a través de encuesta. Un paso adelante en su medición", publicado o pasado ano no n.º 125 da citada revista.

Durante o acto, que tivo lugar o 15 de abril no Centro de Estudios Políticos y Constitucionales (CEPC), Belén Barreiro resaltou como a creación deste premio reflicte o grao de madureza e prestixio acadado pola REIS, unha das revistas españolas de maior relevancia científica do noso país no ámbito das ciencias sociais. A continuación, Clara Riba Romeva, directora do Departamento de Ciencias Políticas e Sociais da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, subliñou as principais calidades do artigo, así como a idoneidade de conceder este primeiro galardón da REIS a unha investigación que avalía a efectividade dos indicadores tradicionais de medición de xenofobia nas enquisas do CIS.

Pola súa banda, Mª Ángeles Cea D´Ancona, Doutora en Socioloxía e profesora de Metodoloxía da Investigación da Universidade Complutense, abordou na súa intervención os principais aspectos da súa investigación, destacando os erros que se poden cometer ao tratar de medir os fenómenos de racismo e xenofobia mediante enquisa.

O artigo premiado chega a avaliar a efectividade de indicadores tradicionais nas enquisas do CIS, que se comparan con outros xa aplicados na Encuesta Social Europea de 2002-2003. Estes últimos acaban mostrando maior efectividade na medición do rexeitamento á inmigración, debido principalmente ao formato de pregunta que adoptan no cuestionario

Tras a lectura da acta de concesión do premio por parte da secretaria do xurado e directora do Departamento de Publicacións e Fomento da Investigación do CIS, Paloma Aguilar Fernández, procedeuse á entrega do diploma acreditativo do galardón.

A REIS

A Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) é unha parte fundamental da actividade editorial do CIS e, tanto pola súa traxectoria histórica coma polo alto nivel de calidade esixido ás contribucións, converteuse nunha publicación de referencia para calquera estudoso ou investigador das ciencias sociais. Precisamente, o grao de madureza e prestixio acadado propiciaron a creación deste premio, co que se abre a posibilidade de obter recoñecemento público a investigadores cunha traxectoria académica menos extensa que a dos candidatos que optan ao Premio Nacional de Sociología y Ciencia Política.

Este premio, dotado con 2.500 euros e outorgado por primeira vez en xaneiro de 2010, pretende distinguir especialmente os traballos de maior orixinalidade, relevancia e calidade metodolóxica publicados anualmente na revista, brindando, ao mesmo tempo, un estímulo aos seus autores para apoiar a difusión da súa actividade investigadora na comunidade científica nacional e internacional e incrementar a visibilidade do seu labor no campo das ciencias sociais.

O xurado, presidido por Belén Barreiro Pérez-Pardo, presidenta do CIS, estivo integrado polos membros do Consello Editorial da revista:

  • Enriqueta Aragonés Alabart,
  • Pau Baizán Muñoz,
  • Joaquín Brugué Torruella,
  • Lorenzo Cachón Rodríguez,
  • Miguel Caínzos López,
  • Julio Carabaña Morales,
  • Teresa Castro Martín,
  • Margarita Delgado Pérez,
  • Juan Díez Medrano,
  • Joan Font Fábregas,
  • Rodolfo Gutiérrez Palacios,
  • Antonio Izquierdo Escribano,
  • José María Maravall Herrero,
  • José Antonio Noguera Ferrer,
  • Javier G. Polavieja Perera,
  • Clara Riba i Romeva, y
  • Mariano Torcal Loriente,

actuando como secretaria do xurado, Paloma Aguilar Fernández, directora do Departamento de Publicacións e Fomento da Investigación do CIS.

arrow_back