Atrás

O CIS publica "Ideal democrático y bienestar personal", en coedición co CSD.

Madrid, 11 novembro 2011

Noticia


Os datos proceden da "Encuesta sobre hábitos deportivos en España 2010"

"Crece o número de españois que practican deporte"

O 43% dos españois practican deporte, segundo os datos que recolle a publicación "Ideal democrático y bienestar personal: Encuesta sobre los hábitos deportivos en España 2010", coeditada polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) e o Consejo Superior de Deportes (CSD).

Madrid, novembro 2011 .- A porcentaxe de españois e españolas entre 15 e 75 anos que practican deporte pasou do 37% ao 43% entre 2005 e 2010, segundo se desprende da publicación "Ideal democrático y bienestar personal", coeditada recentemente polo Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) e o Consejo Superior de Deportes (CSD).

Esta investigación, cuxo eixe central é o Estudio sobre hábitos deportivos en España 2010, realizado polo CIS a petición do CSD, ofrece unha auténtica radiografía sobre a práctica do deporte no noso país, analizando a súa evolución ao longo dos últimos 30 anos.

O magnífico traballo de investigación, dirixido polo catedrático de socioloxía da Universidade de Valencia, Manuel García Ferrando, e no que tamén participa o doutor en socioloxía Ramón Llopis Goig, da mesma universidade, presenta, entre outras conclusións, o feito de que o deporte se realiza no noso país de forma cada vez máis desinstitucionalizada e cunha gradual diminución da finalidade competitiva. Igualmente, cada vez máis cidadáns practican deporte en espazos abertos e cada vez son máis os que conceden maior importancia ao deporte e a educación física.

O traballo analiza como se realiza esta práctica por tramos de idade, ou en función do xénero, e que artigos deportivos se poden encontrar nos fogares españois, ademais de ofrecer información sobre cales son os deportes máis practicados, o grao de utilización das instalacións deportivas ou en que grao nos sentimos orgullosos dos éxitos do deporte español e en que medida estes triunfos inflúen na sociedade.

Da mesma forma, estuda o seguimento da vida deportiva a través dos medios de comunicación ou como a práctica deportiva contribúe á integración social e cultural dos inmigrantes en España.

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)