Atrás

A colección Opiniones y Actitudes comeza a editarse en formato electrónico. Os seus novos títulos poderán descargarse de forma totalmente gratuíta.

Madrid, 28 xuño 2010

Noticia


O CIS ofrece o acceso e a descarga gratuíta dos novos títulos da colección Opiniones y Actitudes. Esta descarga pode realizarse tanto en ordenadores persoais coma en dispositivos de lectura electrónicos, sen custo adicional ningún. Con este fin, desenvolvéronse tres formatos electrónicos: pdf accesible (pensado para que calquera usuario, independentemente das súas capacidades físicas e usando os dispositivos axeitados, poida ler o libro dende o seu ordenador); e dous formatos adaptados a distintos dispositivos de lectura electrónicos: pdf para e-readers e e-pub para todo tipo de dispositivos electrónicos e smartphones.

Formatos de descarga existentes:

  • pdf accesible
  • pdf para e-readers
  • e-pub para calquera dispositivo electrónico e smartphones

Para os que queiran adquirir o libro en papel, os próximos títulos tamén están dispoñibles na modalidade de "impresión baixo demanda", de modo que o lector que prefira ter o exemplar físico poderá compralo solicitando en liña a impresión deste a través da nosa páxina web.
Para comprar a edición en papel, pulse na imaxe do título que lle interese; iso levarao a unha plataforma de impresión baixo demanda dende a que poderá adquirir o libro.

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)