Atrás

O cis elaborará o indicador de confianza do consumidor a partir de novembro

Madrid, 16 novembro 2011

Noticia


Por acordo do ICO (Instituto de Crédito Oficial) e o CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) O CIS elaborará o Indicador de confianza do consumidor a partir de novembro.

O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) elaborará dende este mesmo mes o Indicador de confianza do consumidor español (ICC). Este indicador foi deseñado e posto en marcha polo Instituto de Crédito Oficial (ICO) en setembro de 2004 e dende entón encargábase da súa elaboración e publicación mensual.

O convenio subscrito polo Presidente do ICO, José María Ayala Vargas, e o Presidente do CIS, Ramón Ramos Torre, asegura o mantemento do ICC, garantindo a continuidade da serie histórica, o seu rigor metodolóxico e a calidade contrastada dos datos.

A partir de novembro o CIS, mantendo a metodoloxía coa que se calcula o ICC dende o inicio da serie, realizará a enquisa mensual, calculará os resultados e poñeraos a disposición de todos os interesados, como fai con todos os seus estudos.

O ICC recolle mensualmente a valoración da evolución recente e as expectativas dos consumidores españois relacionadas coa economía española, a súa economía familiar e o emprego, co obxectivo de anticipar as súas decisións de consumo. En decembro, o índice correspondente ao mes de novembro, así como os dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro, incorporaranse á web do CIS (www.cis.es). A súa publicación será comunicada coa suficiente antelación aos medios interesados.

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)