Atrás

O CIS presentou na Universidade de Málaga "Sociología económica", de Alejandro Portes

Madrid, 14 de marzo. - O xoves, 13 de marzo, ás 12:00 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Málaga, tivo lugar a presentación do libro "Sociología económica: una investigación sistemática", publicado polo Centro de Investigacións Sociológicas (CIS), como novo título da colección "Clásicos Contemporáneos".

A mesa de presentación estivo formada por D. Eugenio J. Luque Domínguez, decano da Facultade, D. Félix Requena Santos, catedrático da Universidade de Málaga e presidente do CIS, D.ª Macarena Parrado Gallardo, vicedecana de apoio á Docencia e Comunicación da Facultade, D. Luis Ayuso Sánchez, doutor en Socioloxía pola Universidade de Granada e profesor na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Málaga, e o autor da obra D. Alejandro Portes, profesor de Socioloxía nas Universidades de Princenton e Miami.

Sociología económica: una investigación sistemática ; é unha obra clásica de Alejandro Portes, que reúne algunhas das achegas máis importantes que desenvolveu durante a súa vida académica. A obra contribúe á institucionalización da socioloxía económica e consolida o seu xiro cara a novas formulacións que posibiliten un avance real da disciplina.

Alejandro Portes é na actualidade profesor de Socioloxía nas Universidades de Princenton e Miami. Entre os seus títulos publicados destacan: City on the Edge: The Transformation of Miami (1983), Immigrant America: A Portrait (1996), Legacies: The Story of the Immigrant Second Generation (2001) e Ethnicities: Children of Immigrants in America (2011). Tanto polo seu pensamento coma pola súa obra, Portes é posiblemente o sociólogo de referencia máis importante de fala hispana na actualidade e un dos máis influentes na análise das migracións e da socioloxía económica de comezos do século XXI.

Máis información, pulse aquí

 

Imágenes