Atrás

O Partido Popular retrocede e podería perder a maioría absoluta en Galicia

Madrid, 05 febreiro 2024

Nota Informativa

  • Segundo a última enquisa de precampaña realizada polo CIS, o PP obtería o 42,2% dos votos, un punto menos que hai un mes
  • O BNG, que sobe ao 32,9%, xunto co PSOE (20,1%), un 53% en total, obtería máis votos que o PP (42,2%).
  • A candidata do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, é a mellor valorada (5,74) e considérase a que máis se preocupa polos problemas de Galicia (36,8%).

A enquisa de precampaña para as eleccións autonómicas en Galicia realizada polo CIS indica que o PP vai cara atrás, e podería perder a maioría absoluta co 42,2% dos votos e obter entre 34 e 38 escanos. O BNG sobe ao 32,9% e quedaría entre os 22 e os 26 escanos, o PSOE segue como terceira forza, e acadaría o 20,1% dos votos (13 a 15 escanos) e SUMAR podería conseguir un escano co 2,1%.

Avaliación dos líderes

A líder do BNG, Ana Pontón, é a mellor valorada con 5,74, seguida de Alfonso Rueda (PP) con 5,37, o candidato do PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, con 4,86, e Marta Lois (SUMAR) cun 3,98 e Pachi Vázquez. do Espazo Común Galeguista (3,66).
A candidata á que se pensa que máis lle importan os problemas de Galiza é a líder do BNG, Ana Pontón (36,8%).

Decisión de votación

O 27,7% dos galegos aínda non decidiu a que partido político ou coalición van votar. O 5,5% decidirá o seu voto na xornada de reflexión e o 6,1% asegurou que o fará o día das eleccións.

Estes e outros datos recóllense na enquisa de precampaña que se realizou do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro e conta cunha mostra de 3.743 entrevistas.

Esta información puede ser usada en parte o en su integridad sin necesidad de citar fuentes.

C/ Montalbán, 8
28014 Madrid
Email: comunicacion@cis.es
Tlf.: 91.580.76.25
Fax: 91.531.81.31

icono Compartir ligazónCompartir ligazón

icono x (twitter)X (Twitter)