Manuel Castells

Biografía

  • Nado en Hellín (Albacete) en 1942.
  • Profesor investigador da Universidade Aberta de Catalunya (UOC) en Barcelona.
  • Profesor emérito de Socioloxía e profesor emérito de Planificación Urbana e Rexional da Universidade de California, Berkeley, onde ensinou durante 24 anos.
  • Profesor titular da Cátedra Wallis Annenberg en Tecnoloxía da Comunicación e Sociedade da Universidade do Sur de California en Los Ángeles.
  • Distinguished Professor Visiting of Technology and Society, titular da Cátedra Marvin e Joanne Grossman no Massachusetts Institute of Technology e Distinguished Visiting Professor of Internet Studies na Universidade de Oxford.
  • Profesor de Socioloxía na École des Hautes Études en Sciences Sociales (1967-1979).
  • Profesor e Director do Instituto de Socioloxía de Novas Tecnoloxías da Universidade Autónoma de Madrid (1988-1993).
  • Profesor investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas de Barcelona (1997) e profesor de Socioloxía e Ordenación Urbana e Rexional da Universidade de California, Berkeley (1979-2003).
  • Profesor visitante en 15 universidades de todo o mundo e conferenciante convidado en centos de institucións académicas e profesionais de 43 países.
  • Autor de 19 libros, entre os que se publicou a triloxía "A era da información: cultura, economía e sociedade" en 23 idiomas. Tamén é coautor e editor de 22 libros.
  • Recibiu, entre outras distincións, a Guggenheim Fellowship, o premio C. Wright Mills da American Society for the Study of Social Problems; o premio Robert e Helen Lynd da American Sociological Association; o Ithiel Sola Pool Award da American Political Science Association; a medalla Narcís Monturiol de Cataluña; a Orde Gabriela Mistral de Chile, a Orde de Santiago do Presidente de Portugal e a Creu de Sant Jordi de Cataluña. É doutor honoris causa de 12 universidades. Así mesmo, é profesor honorario e recibiu medallas de honra de distintas universidades.
  • Membro da Academia Europea, da Academia Británica e Académico Numerario da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras.
  • Entre outros nomeamentos destacados, foi asesor en Tecnoloxías da Información e Sociedade Civil Global do Secretario Xeral das Nacións Unidas. En 2005 foi nomeado pola Comisión Europea como membro fundador do Consello Científico do Consello Europeo de Investigación.
Premio Nacional de Socioloxía e Ciencia Política 2008

Naceu en España en 1942.

Profesor investigador da Universidade Aberta de Catalunya (UOC) en Barcelona. Tamén é profesor emérito de Socioloxía e profesor emérito de Planificación Urbana e Rexional na Universidade de California, Berkeley, onde ensinou durante 24 anos. Profesor titular da Cátedra Wallis Annenberg en Tecnoloxía da Comunicación e Sociedade da Universidade do Sur de California en Los Ángeles. Distinguished Professor Visiting of Technology and Society, titular da Cátedra Marvin e Joanne Grossman no Massachusetts Institute of Technology e Distinguished Visiting Professor of Internet Studies na Universidade de Oxford.

Anteriormente, foi catedrático de Socioloxía na École des Hautes Études en Sciences Sociales (1967-1979), catedrático e director do Instituto de Socioloxía de Novas Tecnoloxías da Universidade Autónoma de Madrid (1988-1993), catedrático de Investigación no Consello de Investigacións Científicas de Barcelona (1997) e profesor de Socioloxía e Planificación Urbana e Rexional na Universidade de California, Berkeley (1979-2003).

Foi profesor visitante en 15 universidades de todo o mundo e conferenciante convidado en centos de institucións académicas e profesionais de 43 países. É autor de 19 libros, entre eles a triloxía "A era da información: cultura, economía e sociedade" publicada en 23 linguas. Tamén é coautor e editor de 22 libros. Recibiu, entre outras distincións, a Guggenheim Fellowship, o premio C. Wright Mills da American Society for the Study of Social Problems; o premio Robert e Helen Lynd da American Sociological Association; o Ithiel Sola Pool Award da American Political Science Association; a medalla Narcís Monturiol de Cataluña; a Orde Gabriela Mistral de Chile, a Orde de Santiago do Presidente de Portugal e a Creu de Sant Jordi de Cataluña. É doutor honoris causa de 12 universidades. Así mesmo, é profesor honorario e recibiu medallas de honra de distintas universidades.

É membro da Academia Europea, da Academia Británica e Académico Numerario da Real Academia Española de Ciencias Económicas e Financeiras.

Entre outros nomeamentos destacados, foi asesor en Tecnoloxías da Información e Sociedade Civil Global do Secretario Xeral das Nacións Unidas. En 2005 foi nomeado pola Comisión Europea como membro fundador do Consello Científico do Consello Europeo de Investigación.