Atrás

Anuario 2019

ISBN

9788474768954

Editorial

Centro de Investigaciones Sociológicas

Fecha de la edición

2021

Colección

Fuera de Colección

Dimensiones

21 cm x 30 cm

N° Pág

347

Capítulo completo

     O Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ten como principal función o estudo das actitudes e os comportamentos da sociedade española, así como a medición da súa estabilidade e cambio co paso do tempo. Este anuario forma parte dunha serie iniciada en 2012 que recolle, de maneira sintética, os resultados dos barómetros de opinión mensuais realizados, mediante a aplicación de enquisas persoais, no ano 2019. Nel preséntanse preguntas de especial relevancia, algunhas das cales repítense mensualmente, mentres que outras responden ao carácter monográfico de cada unha das sondaxes. Con isto preténdese trasladar ao público, dunha maneira máis visual e próxima, unha selección dos datos xerados anualmente por esta institución.

      O presente volume consta dun primeiro apartado dedicado a unha descrición detallada da metodoloxía empregada ao longo deste documento, dez capítulos temáticos e tres anexos coas fichas técnicas dos barómetros utilizados para este anuario, as preguntas seleccionadas para as táboas, e a distribución de frecuencias das variables explicativas. Os dous primeiros capítulos teñen carácter lonxitudinal, e recollen as percepcións sobre a situación económica e política, e a valoración do goberno e a oposición. Seguen oito capítulos monográficos, nos que se abordan temas como actualidade política (orzamentos xerais, igualdade de xénero, despoboamento), elección ao Parlamento español do 28 de abril, dereito á vivenda, administración de xustiza, debate de investidura, decisión de voto e barómetro postelectoral (respecto ás elección xerais de novembro de 2019), e opinión sobre política fiscal.

     As táboas presentadas permiten entender que tipo de persoas entrevistadas son máis propensas a albergar cada una das opinións recollidas nas enquisas, segundo unha selección de características. Entre elas cóntanse trazos sociodemográficos como o sexo, a idade, os estudos realizados, a situación laboral, o estado civil ou o status socioeconómico, pero tamén outros como o tamaño do municipio onde reside, a ideoloxía, o recordo de voto e a práctica relixiosa. Deste modo, ademais de presentar, de maneira xeral a opinión ou, no seu caso, o comportamento das persoas entrevistadas, este anuario ofrece a posibilidade de detallar as opinións e os comportamentos para grupos concretos.

     As bases de datos utilizadas para a creación deste anuario, así como todas as enquisas, series e preguntas realizadas polo CIS desde 1999, están dispoñibles na súa páxina web (www.cis.es) para ser consultadas ou descargadas gratuitamente.

Madrid, 30 de abril de 2021

Capítulo completo

   O anuario 2019 incorpora unha selección dos datos máis relevantes dos barómetros do CIS ao longo dese ano. No apartado dedicado a «Percepcións sobre a situación económica e política» recóllense as preguntas comúns dos diferentes barómetros que tratan esta temática, tanto desde un punto de vista retrospectivo como prospectivo. No apartado denominado «Valoración do goberno e a oposición» poden revisarse as avaliacións que as persoas entrevistadas fan do goberno e da oposición nos barómetros de xaneiro, febreiro, xullo e setembro, onde se incluíron estas valoracións. Ademais, este capítulo contén a comparación das puntuacións na escala de valoración de líderes políticos nacionais, en distintos barómetros. O resto de apartados representa unha selección das preguntas de cada monográfico mensual. Para iso, buscouse un equilibro entre a relevancia de cada indicador e a cantidade de preguntas escollidas dese mes. Porén, en ocasións, a elección dalgunhas preguntas de batería precisou a dedicación dun maior espazo.

     A presentación dos datos referidos a cada pregunta intenta manter unha estrutura similar dentro de cada capítulo. Así, os bloques dedicados a «Percepcións da situación económica e política» e «Valoración do goberno e a oposición» incorporan a evolución lonxitudinal anual destas opinións cun gráfico representativo das respostas, mensual ou trimestralmente.

     Pola súa parte, os bloques temáticos mensuais mostran as frecuencias marxinais (ou medias, segundo o caso) para cada unha das preguntas seleccionadas, acompañadas tamén dun gráfico específico. Estes gráficos representan, na maioría dos casos, a porcentaxe de cada opción de resposta sobre un eixe de 0% a 100%. Porén, nalgunhas preguntas concretas, como a valoración media dos líderes políticos, esta representación axustouse a unha escala con límites inferior e superior, próximos aos datos para garantir a súa visibilidade, dada a proximidade destes valores.

     Procedeuse a unha denominación representativa do contido das táboas incluídas, facendo referencia ao mes ou bloque temático ao que pertencen para facilitar a súa identificación. Así, por exemplo, a primeira táboa referida ao bloque «Percepcións sobre a situación económica e política» denomínase «Táboa SIT1»; a primeira táboa do bloque «Valoración do goberno e a Oposición» é identificada como «Táboa POL1»; a primeira táboa do barómetro do mes de febreiro denomínase «Táboa F1», e así sucesivamente para o resto de meses. Estas táboas transcriben literalmente a pregunta e categorías de resposta do cuestionario orixinal.

     A continuación, facilítanse táboas de cruzamentos de variables cos indicadores sociodemográficos e políticos máis habituais ofrecidos polo CIS aos seus usuarios/as: sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral, clase social, ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat. Algunhas das variables foron recodificadas, ou transformadas, co obxectivo de facilitar a lectura e interpretación dos datos que, en termos xerais, son calculados para cada categoría dos indicadores mencionados. Nalgunhas táboas para facilitar a comparación, móstranse determinadas opcións de resposta e, xunto á porcentaxe, o número de persoas que responden (n). 

     As variables idade, estado civil e clase social manteñen as mesmas categorías que o CIS facilita para os diferentes estudos a través da súa páxina web. Porén, educación, situación laboral, ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat recodificáronse de forma distinta para presentar unha táboa de resultados máis sintética.

     A idade incorpora os seguintes intervalos: «Ata 24 anos», «De 25 a 34»,«De 35 a 44», «De 45 a 54», «De 55 a 64» e «65 anos ou máis». Na variable ideoloxía mantivéronse os valores intermedios «5» e «6» sen agrupar, e agrupáronse o resto de valores: na esquerda, os valores «1-2», «3-4», e na dereita, os valores «7-8» e «9-10».

     As táboas do capítulo sobre «Opinión pública e política fiscal» comprenden ademais a opción de resposta «Ningunha», incluída no barómetro de 2018. As categorías do tamaño de hábitat identificáronse da seguinte forma: os municipios menores de 10 000 habitantes, como «Pobo ou cidade pequena»; de 10 001 a 100 000 habitantes, como «cidade mediana»; de 100 001 a 1 000 000 de habitantes, como «Cidade grande», e máis de 1 000 000 de habitantes, como «Gran núcleo urbano».

     Para a creación das variables educación, relixión  e recordo de voto e clase social, empregouse unha combinación de preguntas. No caso da educación, combínanse a pregunta de se foi ou non á escola, e a pregunta que mide o nivel dos estudos de máis alto nivel que se cursaron, para xerar as seguintes categorías: «Primaria ou menos», «F.P. inicial e educación secundaria», «FP de grao medio», «Bacharelato», «FP de grao superior», «Universidade». A variable relixión integra a definición en materia relixiosa coa frecuencia da práctica relixiosa, creando tres categorías: «Crente practicante» (comprende católicos e crentes doutra relixión que asisten a misa ou outros oficios relixiosos case todos os domingos e festivos e varias veces á semana), «Crente non practicante» (católicos e crentes doutra relixión que asisten algunha vez ao mes, varias veces ao ano, case nunca ou nunca a misa ou outros oficios relixiosos) y «Agnóstico/a, ateo/a, non crente».

     Polo que respecta a recordo de voto, combínanse a pregunta de se foi votar ou non nas últimas eleccións, e a pregunta de a que partido votou, e téñense en conta, para cada mes, os partidos e agrupacións políticas presentadas na convocatoria electoral previa. Neste sentido, a referencia son os partidos presentados nas eleccións xerais de xuño de 2016 (para os barómetros de xaneiro e febreiro) e as eleccións de abril de 2019 (para maio e os seguintes barómetros). A variable xerada identifica aos partidos máis votados, e o resto agrúpase na categoría “Outros partidos”. Xunto aos partidos aparecen as categorías «Non tiña idade», «En branco», «Non votou», (que reúne las respuestas: fue a votar pero no pudo hacerlo, no fue a votar porque no pudo, prefirió no votar, y voto nulo), “No tenía derecho a voto”, «Non recorda» e «N.C.».    

     Pola súa parte, a variable clase social créase a partir das respostas das persoas entrevistadas a varias preguntas: cabeza de familia ou sustentador principal, situación laboral, ocupación, situación profesional e rama de actividade, seguindo a codificación da CNO 2011 e a CNAE 2009 para a ocupación e a actividade respectivamente. As cinco categorías desta variable son: «Clase alta/media-alta» (agrupa a profesionais e técnicos, directivos/as e cadros medios), «Novas clases medias» (asalariados/as non manuais), «Vellas clases medias» (empresarios/as, autónomos/as e agricultores/as), «Obreiros/as cualificados/as» (manuais cualificados, capataces e artesáns/ás), «Obreiros/as non cualificados» (obreiros/as da industria e os servizos, e xornaleiros/as do campo).    

     As categorías de resposta «Non sabe (N.S.)» e «Non contesta (N.C.)» das variables explicativas —de cruzamento— unicamente se presentan nas táboas naqueles casos nos que esta cifra ten sentido propio. Así, «N.S.» e «N.C.» mantivéronse ao presentar a ideoloxía política; «Non recorda» e «N.C.» no recordo de voto; e «N.C.» na variable relixión, pero nos demais casos (sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social) non se inclúen polo seu carácter residual.    

Por outro lado, especificouse, no caso de que así fora recollido no deseño do cuestionario, se se trataba dunha «Resposta espontánea» proporcionada pola persoa entrevistada ao formularlle a pregunta e, noutras ocasións, se se trataba dalgunha categoría que o/a entrevistador/a tiña a instrución de non ofrecer como opción de resposta predeterminada, en cuxo caso aparece ao lado desa categoría «NON LER». Especifícase tamén no caso da categoría «Non procede», xa que non representa unha resposta como tal, senón que o/a entrevistador/a clasifica aqueles casos onde, pola situación persoal da persoa entrevistada, non se aplica a pregunta.

     O feito de que algunhas das categorías dos diferentes indicadores non estean moi presentes entre as respostas das persoas entrevistadas, unido a que a mostra total repártese entre os grupos xerados a partir da estratificación das variables de cruzamento, obriga a chamar a atención sobre as limitacións que impón á interpretación das porcentaxes. Por iso aparece, entre parénteses, o número de persoas (n) que responde por categoría ou no seu conxunto a esta pregunta.  

     A información que se proporciona respecto ás preguntas seleccionadas é, en ocasións, parcial, co fin de facilitar a lectura. Así, por exemplo, as opcións de resposta «Moito» e «Bastante», utilizadas nalgunhas preguntas de batería para capturar tanto unha frecuencia como un grado de acordo, foron agrupadas na opción «Moito + Bastante», descartándose o resto de opcións de resposta («Pouco» e «Nada»). Noutros casos, agrupáronse categorías de resposta cando o resultado se considerou relevante, ou co fin de resumir e facilitar a comparación, como é o caso, por exemplo, da pregunta sobre “Grao de apoio a medidas para fomentar o alugamento”, onde se agrupan dúas opcións de resposta («Moi a favor + A favor»).

    Polo xeral, trátase de presentar o resultado máis significativo deste tipo de preguntas, de maneira que, en ocasións, incorpórase un só dato. É o caso do capítulo titulado «Opinión pública e política fiscal», que só mostra a categoría «Moi poucos» na pregunta relativa aos «Recursos destinados aos diferentes servizos públicos».

     Por outro lado, no caso das escalas do 0 ao 10, cando non se trata de preguntasen batería, procedeuse á agrupación de categorías para facilitar a lectura: «0-2», «3-4», «5», «6-7» e «8-10». Ademais, algunhas táboas mostran resultados de dúas ou tres preguntas do mesmo cuestionario con contido complementario ou similar, agregadas nunha única táboa.

     Ao longo do documento aparecen preguntas denominadas de resposta múltiple que representan, de maneira agregada, as respostas de cada unha das persoas entrevistadas a unha listaxe de opcións. Estas preguntas teñen a característica de que o (n) representa, a diferencia do resto de preguntas, a totalidade de respostas en lugar da totalidade de persoas que responderon. O/a entrevistador/a marca todas as respostas mencionadas pola persoa entrevistada, polo que a suma das porcentaxes de columna é superior a 100.   

     En anexo deste anuario poden encontrarse as fichas técnicas correspondentes a cada un dos barómetros que o conforman, as preguntas seleccionadas para cada barómetro, e a distribución de frecuencias e número de casos das variables explicativas.

Capítulo completo

  • Valoración da situación económica xeral de España
    • Serie anual e representación gráfica
  • Valoración retrospectiva da situación económica de España (un ano)
    • Serie anual e representación gráfica
  • Valoración prospectiva da situación política de España (un ano)
    • Serie anual e representación gráfica
  • Valoración da situación política xeral de España
    • Serie anual e representación gráfica
  • Valoración retrospectiva da situación económica de España (un ano)
    • Serie anual e representación gráfica
  • Valoración prospectiva da situación económica de España (un ano)
    • Serie anual e representación gráfica
  • Principais problemas que existen actualmente en España
    • Serie anual e representación gráfica

Capítulo completo

  • Valoración da xestión do Goberno central do PSOE
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración sobre se o PP podería ter realizado unha mellor xestión no Goberno central
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración sobre se Ciudadanos podería ter realizado unha mellor xestión no Goberno central
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración sobre se Podemos podería ter realizado unha mellor xestión no Goberno central
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grao de confianza no presidente do Goberno: Pedro Sánchez
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grao de confianza no líder do PP: Pablo Casado
    • Serie anual e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Coñocemento e escala de valoracíon (0-10) dos políticos nacionales y autonómicos
    • Serie anual e representación gráfica

Capítulo completo

  • Valoración dos Orzamentos Xerais do Estado de 2019 presentados ao Parlamento
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Escala de valoración (1-10) de aspectos dos Orzamentos Xerais do Estado de 2019 presentados ao Parlamento
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Utilidade das manifestacións do Día Internacional da Muller nas reivindicacións sobre as liberdades e dereitos de igualdade das mulleres
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración sobre o que queda por facer para garantir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Coñecemento de varios temas relativos a España (resumo)
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Escala de valoración (1-10) da campaña electoral das eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de información proporcionada polos partidos e candidatos do programa electoral das eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Opinión sobre se todos os partidos políticos fixeron esforzos en centrar a campaña electoral das eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Partido que fixo máis esforzos por centrar a campaña nos asuntos que máis lle interesan nas eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de agresividade e insultos na campaña electoral das eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Opción de Goberno que se debería contemplar tras o resultado das eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Alternativa de coalición de Goberno que se prefire tras as eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Fidelidade de voto en eleccións xerais de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Réxime de tenza da vivenda actual
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Razóns para vivir en alugamento
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Preferencia por vivenda propia ou en alugamento
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Opinión sobre medidas para protexer o dereito á vivenda
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de acordo con opinións sobre a compra ou o alugamento de vivenda
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de apoio a medidas para fomentar o alugamento
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Sufrimento persoal de delito (últimos dez anos)
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Delito do que foi vítima a persoa entrevistada (últimos dez anos)
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral, clase social e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración do funcionamento da Administración de Xustiza en España
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Opinión sobre se os medios cos que contan os tribunais de Xustiza son suficientes ou non
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de necesidade de reforma da Administración de Xustiza en España
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración do grado de independencia que na actualidade teñen os/as xuíces/zas españois/españolas e o Tribunal Supremo
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Institución na que máis confía a persoa entrevistada
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Definición política dos partidos de ámbito nacional
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade e estado civil
    • Cruzamentos por educación, situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de interese co que se seguiu o debate de investidura para escoller presidente do Goberno de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración xeral do debate de investidura para escoller presidente do Goberno de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración de líderes que participan no debate de investidura para escoller presidente do Goberno de abril de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Fidelidade de voto en eleccións
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade y estado civil
    • Cruzamentos por educación, situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Aspectos a ter en conta para votar nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade e estado civil
    • Cruzamentos por educación, situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Razóns que animan a votar nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade e estado civil
    • Cruzamentos por educación, situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Momento da decisión do voto por un partido
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade e estado civil
    • Cruzamentos por educación, situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Escala de valoración (1-10) da utilidade de distintos medios, para estar informado en período electoral
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Influencia da situación en Cataluña na decisión de votar nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Sentido da influencia da situación en Cataluña no seu voto nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Grado de interese pola campaña electoral das eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Preferencia pola democracia fronte a outras formas de goberno
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Grado de importancia do tema que as persoas entrevistadas opinan que foi o máis debatido nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Medios utilizados para informarse das eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Tipos de sitios de Internet dende os que se seguiu a campaña das eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Formas de seguimento da campaña electoral para as eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Frecuencia coa que se falou das eleccións xerais de novembro de 2019 en diferentes contornos
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Coñecemento e influencia dos resultados de sondaxes electorais durante a campaña electoral das eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Influencia da situación en Cataluña na decisión de voto nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Decisión respecto ao voto nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Razóns que lle levaron a votar ao partido polo que votou nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil e educación
    • Cruzamentos por situación laboral e ideoloxía
    • Cruzamentos por recordo de voto, relixión e hábitat
  • Momento da decisión de voto nas eleccións xerais de novembro de 2019
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación e situación laboral
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat

Capítulo completo

  • Grao de satisfacción co funcionamento dos distintos servizos públicos
    • Frecuencias y representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Funcionalidade fiscal
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración do gasto das administracións públicas en diferentes servizos públicos
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Percepción persoal das contraprestacións que percibe a empresa polo pagamento ás administracións públicas de tributos e contribucións
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Valoración das contraprestacións que se perciban persoalmente e coa familia polo pagamento ás administracións públicas de tributos e cotas
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Percepción persoal da presión fiscal sobre os contribuíntes en España
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Percepción persoal do grao de fraude fiscal que existe en España
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Percepción persoal da equidade na recadación tributaria
    • Frecuencias e representación gráfica
    • Cruzamentos por sexo, idade, estado civil, educación, situación laboral e clase social
    • Cruzamentos por ideoloxía, recordo de voto, relixión e hábitat
  • Xaneiro
  • Febreiro
  • Marzo
  • Abril
  • Maio
  • Xuño
  • Xullo
  • Opinión Pública e Política Fiscal
  • Setembro
  • Outubro
  • Novembro
  • Decembro